Igrexa de Santa María de Troitosende
Catalogouno elixiovieites o Ago 7, 2013 • 3:25 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Troitosende (Santa María)
Lugar: Troitosende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XII reformada e ampliada a partires do século XVIII coa arquitectura do barroco. Feita sobre un soar circular, que conforma o adro, ten nave rectangular e con corpos acaroados na cabeceira e costado dereito ,donde aínda se poden ver elementos do antigo templo románico, sobre todo destacan os canzorros da cornixas con decoración vexetal zoomorfos e caras. No interior hai un trisquel de catro brazos na clave dun arco e o capitel dun cruceiro do adro leva decoración con “flor de auga”. Feita a base de sillería de granito con tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Na fachada amosa unha porta con xambas de pilastras caixeadas rematadas en capiteis con molduras de estilo dórico. Despois dunha cornixa saínte vese un van cadrado, e enreixado, con bordes rebaixados para dar luz no interior do templo. A espadana centrada no cume da fachada levántase con tres piares, despois dunha cornixa moldurada, que configuran dous arcos de medio punto onde van as dúas campás. Remata en pequeno edículo con oco de arcada e coroado por pináculos no cume e nos extremos. Ao seu carón hai un cemiterio e para baixar a todo o conxunto hai que baixar unhas escaleiras de pedra que segundo o párroco Don Maximino, e atendendo a documentación, son unha pequena réplica das que se ven na praza do Obradoiro para acceder á catedral que son do século XVII e obra de Ginés Martínez.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax 19 de 19)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9416665772Lonxitude: -8.66467237473
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84