Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: As Burgas - Ourense
Outra denominación do ben: Ponte da estrada Vigo-Villacastín
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Ponte de tres ocos composto por tres ollos cubertos por arcos escarzanos, sendo o central de maior tamaño, que orixinan bóvedas de canón moi rebaixadas que descargan sobre robustos soportes rectangulares, coa súa construción únense as zonas da Horta do Concello e o Xardín do Posío.
Mais parece unha muralla polo tosco acabado libre de decoración e os seus tupidos muros, lixeiramente cónicos, en cantería de granito.

A mediados do século XIX a cidade de Ourense permanecía estancada, practicamente como na idade media, todo cambiou a partir da chegada de dúas novas obras: a estrada de Villacastín e a chegada do ferrocarril, que provocaron un período de crecemento da cidade e do casco urbano, construíndose unha nova ponte e novos barrios a seu arredor.
A estrada proxectada en 1803, para unir Vigo e Villacastín abriuse no 1863, esta ponte da Burga permitiu o paso de ela, por onde hoxe a coñecemos.
Esta carretera será, por así dicilo, a primeira circunvalación da cidade. Parece que o tramo que bordea a antiga cidade está rematado cara o 1840, pero non se finalizaría na súa totalidade ata vinte anos despois.

Nos primeiros anos de existencia, era un polvorento camiño de terra, embarrado durante case que todo o inverno chuvioso da cidade, a pesar diso, aos poucos foise convertendo no centro neurálxico da cidade; nos seus comezos, o Seminario, e o Hospital de San Roque, centraban a atención dos cidadáns, comezaron a xurdir cafés, e fondas que desen servizo aos novos estudantes do seminario, e aos familiares dos enfermos do San Roque, ao mesmo tempo, ía converténdose no feudo da pequena industria local, fabricas de madeira, e mobles, almacéns de materiais de construción, destilerías, etc.

Posteriormente os comerciantes na súa maioría foráneos, comezaron a ver nela a mellor localización para os seus negocios, e con eles os profesionais liberais.
A nova rua-estrada, xustificará a súa denominación, de rúa “Progreso” xa que, unha vez consolidada con a construción de esta ponte murallón de As Burgas que salva esa profunda bagoada acollerá importantes edificios característicos do Ourense da Restauración, como a Deputación, que tamén se utilizaba como Audiencia e Goberno Civil (e que antes fora almacén da familia Bobo), o Banco Simeón, , o novo Palacio Episcopal ou os numerosos edificios comerciais e residenciais, algúns tan significativos, como a Casa Fábrega, o da Ferraxería Villanueva ou o dos Establecementos Álvarez, hoxe desaparecido, a aparición da fonda dos Cuanda, posteriormente Hotel Roma, foi o toque definitivo, para convertela nunha rúa de categoría para unha cidade que quería comezar a “Progresar”.

A finais do século XX foi remodelada, anchando a súa parte superior, para facilitar a gran circulación que transita por ela.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.farodevigo.es/opinion/2013/05/19/importancia-historica-calle-progreso/813086.html
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2009/05/ponte-da-burga-ii.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=10803&ctre=45&volverFicha=true
http://camino.xacobeo.es/puntos-de-interes/burgas
http://www.absolutourense.com/anticipando-la-primavera-en-ourense/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3347157655
Lonxitude: -7.86593198776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84