
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: San Paio de Sabugueira
Lugar: Sabugueira, Lavacolla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Templo neoclásico dunha soa nave, con torre e de grandes dimensións. Datada na fachada en 1840.
O interior é amplo, dunha nave cuberta con bóveda de canón sostida por arcos faixóns sobre pilastras apegadas ó muro, marcando tramos de grande amplitude na nave. Muros encalados agás os arcos, a cornixa moldurada e as pilastras.
Sobre a entrada, no primeiro de ditos tramos ten unha gran tribuna de madeira que asenta sobre pequenas ménsulas de granito.
Segundo tramo con porta lateral e enfronte un pequeno altar con fornela albergando unha imaxe en madeira de Santa Bárbara. O seguinte tramo, o inmediatamente ó anterior ó presbiterio, presenta retablos neoclásicos embutidos no muro. A iluminación da nave é a través de vans cuadrangulares con derrame, abertos no arranque da bóveda nos dous últimos tramos da nave. Tamén por van semicircular con vidrieira que hai na fachada, sobre a porta.
Fachada, de cantería, tipicamente neoclásica. A entrada principal con porta alintelada flanqueada por dùas pilastras que sustentan sobre os seus capitais unha moldura de baquetón. Enriba da porta, un van semicircular con vidrieira e remata o frontis en triángulo, baleiro de decoración, co vértice roto para ergue-la torre de catro vans, tambor e cupuliña. Nos ángulos da cornixa, remates con forma de fachos. Ó igual que no interior, muros encalados agás as pilastras, base e cornixa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruna, Santiago de Compostela”. Vol.XI. Deputación Provincial da Coruña,1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8997432662Lonxitude: -8.44632983208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84