
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Fiopáns
Lugar: Fiopáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco do século XVIII, de nave rectangular e cun corpo acaroado ao lado esquerdo que percorre a nave principal en toda a totalidade ata o presbiterio, e de menor altura que a nave principal. Muros de sillería e mampostaría e tellado a dúas augas agás na cabeceira. Con torre de campanario adiantada á fachada e compondo un pórtico de tres arcos na entrada. Elévase por diante desta e está composto de tres corpos. O primeiro cadrado sobre columnas con adornos de placas nos laterais e cunha fornela coa figura de San Pedro. O segundo con pilastras e ocos con arcos de medio punto, onde van as campás, e o terceiro, despois de cornixa saínte, con oito ocos con arcos e rematado en pequena cúpula con pináculo de bóla no seu cume que fai xogo cos do remate da fachada. Na igrexa pódese ver unha pedra armeira nun lenzo da parte esquerda da entrada e seis máis no seu interior. Tamén hai un no hórreo que está cerca da reitoral.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax 10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9308349318Lonxitude: -8.69657993317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(Aínda sen valorar)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Oscar Franco says:
Mar 10, 2025
Fotografía do 30 de xuño de 2024 do interior da igrexa.
Oscar Franco says:
Abr 20, 2025
Pedras armeiras do interior da igrexa.
Oscar Franco says:
Abr 20, 2025
Pedras armeiras do interior da igrexa (II).
Oscar Franco says:
Ago 29, 2025
No interior desta igrexa podemos ver unha imaxe en madeira de Santiago peregrino:
“Sentado sobre un sillón de elevado respaldo, aparece el Apóstol Santiago vestido con túnica, manto y esclavina. No lleva sombrero y mira frontalmente al espectador. Las “vieiras” de la esclavina van sobre bordones en cruz. En su mano derecha sostiene una cartela desenrollada que dice: “S. I. Jacobus maior unicus et singularis Patronus Yspaniaru a Deo datus”. (…)
Esta talla forma parte del conjunto iconográfico del retablo mayor, contratado en el año 1777 a “Fernando Domínguez maestro de arquitectura y Thomás Gambio que lo es de escultura.”
Información tirada de:
CARDESO LIÑARES, José. (1990). El arte en el valle de Barcala: presencia jacobea, el escultor Rodeiro, la visita de Mayo y Leis. Compostellanum: revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, ISSN 0573-2018, Vol. 35, Nº. 3-4 (Julio-Diciembre), 1990, págs. 541-643.