Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: San Paio de Sabugueira
Lugar: Sabugueira-Lavacolla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo sen plataforma, cun pedestal cuadrangular moi moldurado e cunha grande escocia. O varal é circular cun capitel toscano. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa de espiñas, e ten un pergamiño coas siglas INRI. No reverso da cruz fica a Dorosa cos dedos das mans entrelazados e unha espada cravada ficando sobre unha peaña de tres anxos con ás. Todo o cruceiro é de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8997864927Lonxitude: -8.44678044319
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84