Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Bamio
Lugar: O Salgueiral
Outra denominación do ben: Pedra do Encanto
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha chea de petróglifos recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Obermaier ou Fermín Bouza Brey.
A principios de século, cando a construción da estrada de Vilagarcía a Catoira, a pedra foi partida, a pesares do interese dalgúns eruditos da época. E así segue case cen anos despois, partida ó carón da estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia da mesma, paixase mítica do lugar. Lendas como: Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto, hai unha mina de sete reinados, sete de ouro, sete de prata, sete de veleno que mata. Unha lenda recollida por Bouza-Brey dicía; pola noite de San Xoán unha señora instalaba unha tenda con moitos obxectos de ouro e prata. Ao pasar un home, preguntoulle que obxecto gustaballe mais. El respondeu que as tisoiras de ouro. Se respondese “gústame a tenda e máis a tendeira”, quedariase co tesouro completo pero como non foi así  a tendeira maldiciu a tan mal observador “Que che corten os pulmóns con elas”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://apedradoencanto.blogspot.com/search?q=meadelo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A laxe atopase nunha curva ó carón da estrada. Ten un linde de arame oxidado que a divide en dous, ademais esta roto e roza ca rocha. Aínda que hai pouco fíxose unha limpeza, ao non ter mantemento a maleza esta moi preto. Os surcos foron rascados fai pouco xa que conservan restos de tella.


Onde está localizado

Latitude: 42.62198114800631
Lonxitude: -8.768125176429749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84