Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: Menduíña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Ermida neoclásica, que foi románica, é hoxe o templo religioso máis antigo de Aldán.
Trátase dun templo do século XIX, froito da reconstrución da súa antiga forma. Un arco de medio punto aparecido tralo retablo, permítenos asociarlle unha posible orixe románica. Cabe sinalar as súas dimensión xa que é o maior templo do Morrazo. Consta dunha soa nave rectangular e unha sacristía anexa con un alpendre. Destaca a súa sobriedade, con poucos elementos decorativos que resaltan as liñas xeométricas e clásicas.
A principios dos 90, sufriu un incendio do cal só quedaron intactas as campás. Hoxe en día está restaurada, sen retablo, con santos e teito novos. Na espadana ten unha cruz paté e dous lampiños. Cruces como esta tamén coroan a parte traseira e o pináculo do teito da sacristía.
Mentres se construía a igrexa de San Cibrán de Aldán, esta capela tivo a categoría de igrexa matriz da parroquia. O adro da ermida está rodeado por unha muralla na cal podemos ler claramente San Amaro. Para o acceso ao mesmo existían unha escaleiras en semicírculo onde antigamente se atopaba un portalón que impedía o paso.
Tamén podemos atopar un cruceiro xusto diante do edificio, un palco onde tocan as bandas de gaitas e a casa das “Ánimas”, tamén coñecida como a “Casa das Velas” utilizada polas mulleres para rezar polas ánimas do purgatorio e onde se gardaban os lirios.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.298851458
Lonxitude: -8.8102760911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84