
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Paisaxe natural,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben: Bosque encantado // Leira dos Condes
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
En Aldán existe un pazo coñecido como Casa Torre de Aldán que é propiedade dos Condes de Canalejas. O devandito pazo tiña unha enorme finca que era usada para os familiares e amigos destes para a caza e outras actividades lúdicas. Ao construír a estrada PO-315 a finca quedou dividida e hai uns anos foi doada ao Concello de Cangas quen procurou deixala para o disfrute dos cidadáns. Localízase no Km 109 da citada estrada, xusto enfronte do pazo.
Ao adentrarnos nela, farémolo por un camiño rodeado dunha espesa e fermosa vexetación. No seu interior atoparemos os chamados “Xardíns Históricos” Trátase duns xardíns que se atopaban na zona de recreo e descanso da Casa Condal, empregados ademais como bosque para a caza. Orixinariamente unidos á finca do Pazo – Torre de Aldán, quedaron separados polo trazado da actual PO – 315. Cabe sinalar a súa vexetación entre a que podemos atopar magníficos exemplos de carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e algunhas especies introducidas polos condes como son as píceas.
Por outro lado, dentro deste entorno non podemos deixar de sinalar os complementos con estructura de fábrica, que nos iremos atopando no camiño: Pequeno castelo con fosa e ponte levadiza. A súa construcción iniciouse nos anos sesenta como zona de descanso para os condes, pero quedou sen rematar. Na actualidade conserva a súa estructura orixinal. Campo de croquet. Situado fronte a fachada principal do castelo, foi utilizado durante os anos 60 e 70. Bancos de descanso, algúns deles feitos cun sarcófago suevo, o que foi partido pola metade.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Dende detembro de 2023 todo o conxunto mudou de propietario (ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/cangas/bosqueencantado.html
http://pescuda.blogspot.com.es/2014/11/sobre-cama-do-demo-e-antiga-torre-de.html#more
CAMBIO DE PROPIETARIO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2024/02/22/armadores-marin-compran-bosque-encantado-aldan/0003_202402V22C4996.htm#:~:text=Una%20familia%20de%20armadores%20de,tienen%20inter%C3%A9s%20paisaj%C3%ADstico%20y%20ambiental.
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2024/02/21/bosque-encantado-aldan-cambia-duenos-98435996.html
https://www.atlantico.net/articulo/morrazo/particulares-compran-bosque-encantado-aldan-cangas/202402202154011020897.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A finca atópase en estado ruinoso e abandoado.
Onde está localizado
Latitude: 42.2802498234Lonxitude: -8.81263375282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




