
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben: Arco da Moura ou da Condesa
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dunha antiga canalización de auga que ía dende unha lonxana mina, situada na zona mais elevada do Frendoal, ata o Pazo. Para salvalo desnivel construíronse dous amplos arcos, un dos cales se eliminou o facelo actual trazado da estrada que vai a Bueu, sendo o seu percorrido subterráneo. O outro arco aínda se conserva dentro da finca, por debaixo do cal pasa o sendeiro que percorre o parque.
A orixe do arco é, seguramente, romano, a xulgar pola súa rudimentaria mampostería, aínda que se pode apreciar ben os sillares do arco de medio punto de orixe máis moderna, de épocas medievais. Pénsase tamén que é de época romana dado que os conductos do mesmo desembocan no que se presume eran as antigas pilas da factoría de salazón que os romanos tiñan nos baixos da actual Torre de Aldán. Dita actividade, requería unha gran cantidade de auga, que sería subministrada por unhas conducións previas ó actual acueduto. Máis tarde, xa restaurado polo Conde, a auga que viña das minas e que pasaba polo Arco, era utilizada para o regadío das súas terras. O sistema foi empregado ata os anos 70, quedando completamente obsoleto co paso de tempo. Actualmente o acueduto non leva auga.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/cangas/arcodacondesa.html
http://pescuda.blogspot.com.es/2014/11/sobre-cama-do-demo-e-antiga-torre-de.html#more
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2807380005Lonxitude: -8.81298243999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




