Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Sabugueira (San Paio)
Lugar: Sabugueira - Lavacolla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena ermida situada en pleno Camiño frances declarado Ben de Interese Cultural, de finais do século XVIII, de traza barroca. Planta rectangular de 11 X 7 metros e cunha gran solaina pola parte da súa fachada principal. Na cabeceira da planta sitúase o retablo, composto de dous corpos, aos que no século XIX engadíronselles tres hornacinas, o frontal do altar e, aos lados deste, senllas credencias. A fachada, de gran sinxeleza, cun esquema pentagonal e nunha liña vertical central destaca a súa porta rectangular alintelada cunha xanela cadrada a cada lado. Enriba da porta outro van de luz cadrado e rompendo o cume sitúase a base rectangular da espadana que consta dunha placa, un corpo rectangular e outra placa moldurada que sobresae do corpo rectangular e nas que se asentan os machóns para lograr o arco de medio punto onde acubilla unha pequena campá e coroadas con tres pináculos piramidais con bóla. Esta capela solo se abre ó culto unha vez ó ano, coincidindo coa festividade de San Roque.
En febreiro do ano 2014 rematan as obras de rehabilitación da capela, xa que o seu estado non era moi bo, sobre todo a gran solaina que estaba deformada e podrecida. Segundo a arquitecta Idoia Camiruaga, responsable da coordinación do proxecto e da dirección da obra, cuxo orzamento global ascendeu aos 19.994 euros, “reconstruíuse o tellado cunha estrutura de características similares ao antigo, reutilizando todo o material que foi posible. As poucas modificacións que se introduciron foron para garantir a estabilidade do conxunto”.
A mediados de outubro de 2014, inícianse a restauración do retablo maior da capela que se atopaba en moi mal estado. A intervención, cun orzamento de 14.507,90 euros, estaría rematada antes de finais de ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.PDF pax 51 do pdf do catálogo
A 2ª fotografía é propiedade de Elixio Vieites.
http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=cas&id_nova=10957


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9000831828
Lonxitude: -8.45017880201
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84