
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santa Cristina de Fecha
Lugar: Belén
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa da Nosa Señora de Belén está situada nun recinto murado con balaustre. A igrexa é de estilo barroco compostelán con planta de cruz latina con ábsida teitada a catro augas.
A fachada pentagonal presenta unha porta alintelada con moldura de orelleira que por enriba marca as doelas e a clave. Enriba desta unha xanela cadrada e abocinada cun tornachuvias arqueado. O vértice superior do pentágono que forma a fachada, integra no conxunto o campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns onde albergan as campás eun segundo, cupuliforme, flanqueado por pináculos con bóla e coroado por outro pináculo piramidal con bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9490057209Lonxitude: -8.62681031227
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




