Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Nun principio foi capela do recinto amurallado, pasando moi pronto a desempeñar funcións de igrexa parroquial de Salvaterra. Construída no século XIII foi ampliada tres séculos máis tarde. Todo o edificio está construído en pedra. Ten planta rectangular e remata nunha cabeceira cadrada lixeiramente máis alta que a nave central. A sacristía sitúase pegada á absida meridional. O espazo interior é unha soa nave con tellado a dúas augas. Ten unha bóveda de canón sobre a cabeceira. A súa fachada é moi sinxela, de estilo renacentista. Por enriba do frontón coa figura de San Lourenzo do século XVI, atópase una espadana con tres campanas repartidas en dous pisos. No seu interior destaca o retablo da capela maior datado cara o 1694 así como no seu altar maior destaca a talla do Santísimo Cristo da Victoria, datado do ano 1733.
Nos anos 70 experimentou un proceso de restauración. Descubríronse arcos ocultos no seu interior e incrustáronse no muro cinco escudos heráldicos salvándoos de posibles roubos.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA015.pdf (Páxina 1)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/salvaterra/Capilla%20de%20San%20Lorenzo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0809233104Lonxitude: -8.49581927061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
isabel says:
Ago 27, 2017
La restauración no me parece tan acertada pues, se pierde la esencia de la iglesia con la retirada de los retablos y de su precioso y valioso Via Crucis sin saber su paradero??