Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Amorín (San Xoán)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave. A súa fachada contén unha portada de arco adintelado recercado de molduras acodadas refundidas, flanqueadas por pilastras caixeadas e con doselete superior. Enriba hai un van de arco semicircular, nunha natiga fornela, con moldura plana e que remata en frontón semicircular, con volutas aos lados. Posue unha espadana central de dous vans.
Atopamos tamén pilastras que flanquean cada muro, con cadanseu pináculo. Cada muro ten catro contrafortes. Nos estremos da nave hai pilastras. A sancristía está situada ao Norte. A ábsida destaca pola súa altura, con contrafortes angulares, cubertas a dúas augas e pináculos nos ángulos.
No seu interior destaca a profusión de imaxes da Virxe. A posible razón desta profusión pode ser que esta foi a súa advocación ata o século XVI.
En dous deles aproveitáronse uns releves de arte popular e representan a Visitación (no retablo do Carme, que é barroco) e a Anunciación (no da Inmaculada, que é neoclásico).
A imaxe da Virxe do Carme non está presidindo o seu propio retablo, senón que se atopa noutro contiguo.
O autor dos retablos das Ánimas e da Purísima é Agustín Correa Soto, escultor de Baiona, polos que cobrou o 19 de Novembro de 1760 a cantidade de 250 reais. Tamén fixo as imaxes de Sto. Amaro, Sta. Lucía e S. Roque.
Ten moi boa imaxinería. De toda ela cabe destacar estas dúas imaxes: unha Inmaculada e Sto. Antón.
No ano 1980 restauráronse 8 destas imaxes no Taller de Restauración que tiña naquela época o Museo Diocesano.

Ata non hai moitos anos tivo casa reitoral, segundo figura no inventario de 1955. Na actualidade non existe. Consta nun documento de aforamento de 1828: “El Ilustrísimo Señor Obispo, que fue de este Obispado (1775-1796), D. Domingo Fernández Angulo se dispuso mandar construir y fabricar la casa que actualmente habita el actual párroco”

Esta igrexa foi construída no ano 1780 por Manuel Antonio Sarrapio pola cantidade de 27667 reais e 17 maravedís.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf (Páxinas 1 e 2)

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9997829794
Lonxitude: -8.68370264769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84