
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cee
Parroquia: San Xián de Pereiriña
Lugar: Pereiriña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Situada nun promontorio natural que domina o val próximo ó mar, esta igrexa ten unha planta de cruz latina cunha capelaa maior de planta cadrada e unha gran nave. A capela maior cóbrese cunha bóveda de crucería estrelada de cinco claves. Comunícase directamente coa sancristía, apegada ó muro norte do templo; un arco triunfal de medio punto comunicaa coa nave. No brazo do cruceiro aparecen dúas capelas cubertas con bóvedas de aresta. Ábrense á nave mediante arcos de medio punto e son de menor altura ca capela maior e a nave. A nave cóbrese con bóveda de canón construída de cemento. Presenta dous accesos ó templo, un lateral, aberto no muro norte, e o acceso principal na fachada oeste. Un coro alto de madeira levántase ós pés da nave.
O retablo maior, neoclásico, está formado por tres panos verticais; o central, de máis anchura, presenta un expositor coa imaxe do santo titular. As capelas da nave do cruceiro son no lado sur a dedicada ó Santo Cristo e a do lado norte a san Antonio.
No exterior, destaca a presencia de contrafortes na esquina do muro testeiro. A fachada segue un esquema pentagonal e está construída con grandes perpiaños graníticos.
A porta, alintelada e de luz vertical, está flanqueada por dúas enormes pilastras que soportan un friso decorado con acroterios rematados en bóla. Denota claro influxo das grandes construccións compostelanas, sobre todo pola presencia de orelleiras. Sobre o lintel da porta aparece unha gran fornela con arco de medio punto e sen decoración. Unha xanela rectangular aparece no alto da fachada.
A torre de estilo ecléctico, do século XIX, coroa esta fachada. É de planta cadrada, formada por dous corpos, o inferior con arcos de medio punto sobre piares con pilastras apegadas que soportan as campás; o segundo corpo está formado por un tambor de planta octogonal con oito arcos de medio punto e coróase cunha lanterna con nervos moi remarcados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol.IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9925435108Lonxitude: -9.19219851494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




