Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Antes (San Cosme)
Lugar: Cumbráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo presenta unha planta de salón dividida en catro tramos por arcos faixóns e soporta unha bóveda de canón. Entre os faixóns dispóñense os lunetos. A capela maior con resalte no muro exterior cóbrese cunha bóveda de crucería con nervios con cinco claves. No interior aparece un gran retablo tallado en granito, dividido, no seu primeiro corpo, en tres panos. O central acubilla o sagrario e a ámbolos dous lados, as imaxes de San Cosme e San Damián. No segundo corpo ofrécenos unha única fornela rematada por un frontón triangular e con volutas rampantes a ámbolos lados.
Un coro alto presenta un balaústre de pedra artificial que substitúe á antiga balaustrada de madeira.
No Exterior a fachada organízase de forma xeométrica con porta de luz vertical, enmarcada por grosos baquetóns, van rectangular de luz e unha espadana de ous corpos que remata o conxunto engadida no século XX. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxar ás campás. O segundo aparece un frontón triangular curvado cun pequeno oco tamén de medio punto flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado no seu centro con outro pináculo moldurado coroado cunha cruz de forxa sobre a bóla desta.
Como en tantas igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. Tamén cabe destacar un gran carballo apegado ó muro lateral sur polo seu enorme tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X; Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9964200665
Lonxitude: -8.91173869371
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84