
Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Baiona
Parroquia: Baredo (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O 8 de agosto de 1924 inaugurouse este edificio que alberga o faro. Conta con pranta rectangular e na súa fachada oeste está a torre do faro, que dende 1960 tén unha lámpada de 3000 w. que se pode ver a 40 millas se o tempo está despexado. Da unha luz branca en grupos de 2+1 escintileos cada 15 segundos. Ademáis da serea ten un emisor eléctrico de 200 millas de alcance. O faro está situado a unha altura de 30 metros sobre o terreo e a 85 por riba do nivel do mar.
O actual faro de Silleiro foi construído substituindo o faro antigo que funcionou a partires de 1862 e que daba unha luz branca fixa de 17 millas náutica de alcance. O primeiro combustible que utilizou foi unha lámpada de mecha de aceite vexetal e en 1909 pasou a funcionar cunha lámpada de petróleo.
Do antigo faro aínda se conserva a fachada de granito en primeira liña da costa.
No ano 1955 convértese en aerofaro, acoplándoselle uns lentes que producen un feixe aéreo de 70º sobre a horizontal, puidendo ser identificado polos avións ata unha distancia de 20 quilómetros.
Na actualidade, ademáis de seguir prestando servizo coma sinal luminoso, é base receptora de dous sistemas diferentes de medición de oleaxe e correntes, e dispón ademáis dunha estación receptor-emisor do sistema AIS de Axudas á Navegación.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 1 de marzo de 2020 anuncia a próxima apertura deste ben como complexo hoteleiro (ver referencia bibliografica).
Referencias bibliográficas:
http://www.puertos.es/ayudas_navegacion/c_informacion_y_seguimiento/estado_servicio/05280.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=19753&ctre=44
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2020/02/29/faro-hotel-silleiro-cerca/0003_202002V29C6992.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1048242279Lonxitude: -8.89639377594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Ago 25, 2013
O catálogo do planeamento vixente, un PXOU de 1994, non contén este ben; tampouco aparece grafada ningunha protección nos correspondentes planos de ordenación (2.1 e 2.4).