
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota (San Mamede)
Lugar: Castelo - As Camposas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Este petróglifo foi atopado por José Cernadas no ano 1987. Trátase dunha combinación circular de 34 centímetros de diámetro con trazo radial prolongado ó exterior, e a carón dela dúas pequenas coviñas. O tamaño do suco é de 2 x 0’5 centímetros. A pedra é de gran grosor situada nunha laxe de 10 metros de lonxitude e de 1 metro de ancho que apenas levanta do terreo.
A principios do ano 2008 adecentouse o contorno do gravado para construír unha área de lecer sen respectar o gravado destruíndoo parcialmente e cubríndoo con grava. Tamén hai un depósito metálico circular de gran tamaño para a auga para uso forestal a uns 15 metros do gravado.
O acceso a este gravado é moi doado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15020028
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. TresCtres editores, Santa Comba, 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8392377578Lonxitude: -9.07142132521
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84