
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota (San Mamede)
Lugar: Castelo - Os Pousallos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Sobre un outeiro coñecido co nome dos Pousallos, e a cinco metros ó nordés da parte máis alta do mesmo, están situados un grupo de gravados nunha laxe bastante grande que sobresae uns 30 centímetros sobre o nivel do terreo. A súa superficie é áspera con varias fendas. Nela aprécianse dúas combinacións circulares de 31 e 36 centímetros de diámetro, con tramos de suco xa desaparecidos. Uns 4 metros ó suroeste e a só 3 metros da parte máis alta atópanse na superficie doutra laxe de 1’90 x 1’20 metros, uns gravados compostos por dúas combinacións circulares de 16 e 25 centímetros de diámetro, a maior con elevación central de 4 centímetros. Arredor delas hai varias coviñas de pequeno tamaño, algunhas delas de dubidosa orixe. No outro extremo da laxe destaca unha combinación de liñas curvas de 65 centímetros de lonxitude. O suco está moi desgastado complicando a súa lectura.
O acceso aos Petróglifos dos Pousallos é moi doado.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15020026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. Santa Comba 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.842083606Lonxitude: -9.07049059868
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




