Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Borneiro (San Xoán)
Lugar: O Briño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela é de estilo barroco e foi construída entre os séculos XVI e XVIII. Tamén é coñecida por capela do Carmo e Nosa Señora das Virtudes, tendo así dúas advocacións. Feita a base de sillería de granito ten unha soa nave e sancristía acaroada ao muro norte do presbiterio. Resalta un pórtico lateral con tres arcadas no lado sur, polo que non hai acceso á nave. O interior ten cuberta soportada por bóveda de canón con oito arcos faixóns. Polo exterior vai con teito a dúas e catro augas e con tellas do país. No presbiterio leva unha lanterna no centro da cúpula con figuras apoiadas en ménsulas. A fachada amosa porta alintelada con adorno de acanaladura ao seu redor e rodeada de fornelas coa figura central de Nosa Señora das Virtudes co neno. Á dereita dela, Santiago Peregrino co caxato, a súa esquerda San André coa cruz de aspa. Abaixo, á dereita, San Paulo coa espada, e á esquerda San Pedro coas chaves do ceo. No cume vai a figura de San Xoán Bautista, patrón de Borneiro. A torre do campanario levántase no muro sur, de planta cuadrangular e con catro ocos con arcos de medio punto para as campás e rematada con pináculos con bóla, e no cume un catavento e unha cruz de ferro. Na súa contorna hai unha carballeira con exemplares centenarias e a poucos metros da fachada está a Fonte Santa. Esta pequena fonte de auga milagreira deu lugar a que no pasado se erguese un hospital para a xente enferma que estaba ao coidado dun ermitán. Aínda hoxe se conserva o topónimo “O Hospital”, que é o nome dunha leira. A romaría, que conta con moita sona, celébrase o 18 de Xullo no medio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No catálogo do PXOM de Cabana de Bergantiños do ano 1999

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1828603602
Lonxitude: -8.96265506744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84