Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Borneiro (San Xoán)
Lugar: O Briño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro elévase sobre plataforma de tres chanzos e un pedestal prismático. O varal e de sección octogonal e remata en colar. O crucifixo vai sobre unha base con capitel de estilo xónico, nel está a cruz de arestas rebaixadas e brazos de remates cuarteados coa imaxe da Virxe e o Cristo. A Virxe ten os brazos en posición de orar e esta apoiada sobre cabeza de anxo. Na lenda do pedestal pódese ler . SE RETOCÓ, TRASLADÓ Y PINTÓ SIENDO CURA PÁRROCO FRANCISCO LEMA MARTÍNEZ NATURAL DE ESTA PARROQUIA AÑO 1899. Trátese pois dun cruceiro policromado e trasladado de lugar. A data de construción vai esculpida na parte superior varal : 1622. Polo tanto é un dos cruceiros máis antigos de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA001.pdf (pax 6 de 7)
http://www.concello-cabana.es/ga/web/index.php?mod=int&tip=4&lug=114


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1825435205
Lonxitude: -8.9627623558
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84