Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Gondomar / Vigo (comarca)
Parroquia: Peitieiros (San Miguel)
Lugar: A Peroleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro con tres chanzos cadrados e unha base con forma octogonal. O fuste tamén ten forma octogonal cun capitel de tipo corintio. A súa cruz é de factura cadrada cos remates dos brazos florenzados. No reverso ten un Cristo crucificado coa cabeza ladeada ao lado dereito, o pé dereito enriba do esquerdo, con tres cravos. No anverso está a representación da Virxe co fillo en brazos.
Fai anos, o cruceiro estaba emprazado a 300 metros estrada arriba. A súa colocación actual foi pensada para que ao redor del poidese pasar o carro de froitas da procesión da festa de San Miguel (29 de setembro)
Fai anos caiulle a parte superior e esnaquizouse. Logo foi recuperada por Bienvenido Besada e agora está no adro da igrexa de San Miguel de Peitieiros. A nova cruz é obra do escultor Camilo Nogueira.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planteamientourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (Páxina 14)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360210801.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte e Territorio. Ed: IR INDO

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0982399933
Lonxitude: -8.73799860477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84