Cruceiro do cemiterio de Santo Ourente
Catalogouno elixiovieites o Set 17, 2013 • 10:34 p.m. • 2 CommentsOutra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: Santo Ourente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O cruceiro está detrás da igrexa parroquial de Santo Ourente e foi tallado polo escultor Xosé Ferreiro no 1801. Ten plataforma de cinco chanzos cos bordes voados e de perfís curvos. O pedestal prismático está composto por varios corpos de lados rectos e convexos. Varal de base e remate cadrado, sendo o resto de sección octogonal. Dúas molduras superpostas de base cadrada separan o varal do capitel. Este fórmano unha sucesión de corpos lisos, cun equino convexo intercalado, que se van ensanchando cara á parte superior . A cruz é cilíndrica, de aproximadamente 1 metro de altura, leva por diante un cristo de magnífica factura e unha cartela sen letras apreciables. No reverso vai a Dolorosa sedente sobre un trono de nubes e anxos, mans xuntas, mirada cara o alto e puñal de ferro chantado no peito. Ao cristo fáltanlle os pés.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 126 )
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA021.pdf
(páxina 1 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8626909512Lonxitude: -8.9016777277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios