Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Negreira
Parroquia: Bugallido. (San Pedro)
Lugar: Cornado, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Xacemento arqueolóxico de gran extensión, en boa parte modificado pola concentración parcelaria. Trátase dun recinto amurallado de 450 metros de longo no eixo lonxitudinal NE-SO, e un ancho de 283 metros (12 hectáreas de terreo aproximadas). A muralla está disposta con forma de naipe, de norte a sur. Está situado na zona superior dun outeiro que domina o límite entre o val da Barcala e as chairas do interior da provincia da Coruña. A muralla só se conserva no lenzo N e nun tramo de aproximadamente 100 metros no oeste, se ben no lenzo norte a altura está colapsada e o que é percibible é o terraplén, que vai gañando altura conforme se avanza ata o estremo leste. A maleza dificulta o exame do lenzo oeste, pero é posible que exista un foxo que se dispón de xeito lonxitudinal á muralla, pola súa cara exterior. Tamén con prevención, cómpre sinalar que nesa cara a muralla está composta por un aparello de pedra e terra.
No PXOM está catalogado como castro, se ben a súa morfoloxía e características fan desbotar esta opción. En xuño de 2013, Manuel Gago e Antón Malde presentaron no Simposio “De castros a castelos” a súa hipótese de que se trata dun campamento romano de gran extensión.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GAGO, M., MALDE, A. “Tralas pegadas da Lexión do Oeste (I)”, en Capítulo Cero. [URL: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/06/04/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-i/]
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9607567379Lonxitude: -8.86266231537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio Vieites says:
Set 20, 2013
O campamento romano de Cornado no Pxom do ano 2000
do Concello de Negreira:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urnabismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf
(pax 10 de 26)
Webs
http://nailos.org/nailos-2-2015-not3/
En http://romanarmy.eu podemos ver este campamento romano de Negreira e
outros campamentos romanos de Galicia na meseta dos Chaos
de Santa Marta: Monte da Modorra (Sarria), Cabianca e Monte da Chá (Láncara)
e Monte dos Trollos (O Paramo)
A partires do minuto 9,44 do video