
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Rianxo
Parroquia: Santa María de Leiro
Lugar: Brión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Este conxunto atópase no borde do nacente da cubeta na que se atopa o conxunto de Os Mouchos. É unha laxe alongada onde se poden observar, algo erosionados, tres cudrúpedes, un deles cunha cornamenta desproporcionadamente grande.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ CASTRO,J.A.; PIÑEIRO HERMIDA,P. y CES CASTAÑO,R.- (1993-1994): “Un complexo de gravados rupestres en Rianxo – A Coruña”. Brigantium, 8. Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón. pp. 199-244.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Recentemente ampliaron un camiño que roza a pedra.
Onde está localizado
Latitude: 42.6417839036Lonxitude: -8.79119753837
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
José Luís Porto says:
Mar 20, 2015
Estivemos o xoves 19 de marzo. No está cuberto de maleza. Está ben sinalizado, ten fácil acceso e o estado de conservación e bo.
PEITEADO says:
Xul 26, 2018
O comentario anterior non fala deste petróglifo, xa que non ten sinalización algunha ao contrario do outro conxunto. A día de hoxe este petróglifo diría que está ameazado. Primeiro, é prácticamente invisíble: atópase cuberto por un capa de musgo seco, maleza e terra que fan difícil creer a quen pase a carón da pedra que ahí hai algo de valor (persoalmente non vexo nada e teño ben a vista); segundo, a pedra atópase a carón dun camiño: basta con que calquera bruto pase por alí co seu tractor e as súas cadeas a limpar a súa toxeira e adeus petróglifo (estou farto de ver camiños arruinados, muros de pedra tirados e árbores esmagadas en nome da conveniencia e o traballo rápido e mal feito); e por último, como dixen, non está sinalizado, aínda que visto o mal gusto dos carteis que poñen, case que mellor.
Oscar Franco says:
Dec 6, 2020
A prensa dixital do 5 de decembro de 2020 anuncia unha posta en valor destes gravados xunto cun protocolo de limpeza e mantemento da vexetación:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2020/12/05/patrimonio-pone-valor-petroglifos-rianxeiros-os-mouchos-foxa-vella/00031607182257027124549.htm