
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Bueu
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Bueu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio de planta rectangular de tres andares e tres fachadas situado na praza do Concello da vila de Bueu. Formalmente segue o prototipo das casas consistoriais construídas nas vilas galegas no século XIX e comezos do XX con decoración e composicións eclécticas. As fachadas teñen composición simétrica salientando o soportal da planta terrea sobre o que apoia o balcón de forxa da planta principal.
No centro da composición erguese o volume da segunda planta rematado con frontón partido, reloxo e o nome do edificio gravado en pedra. Con posterioridade á construción do edificio ampliouse dita planta segunda e mais recentemente engadíuselle un elevador de vidro nunha das fachadas laterais.
Os ocos son alintelados, agás os do balcón central rematados en arco, e con carpinterías de madeira.
O edificio presenta os paramentos revocados e pintados, con recercados de pedra en portas, ventás e esquinas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellodebueu.org
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3266375189Lonxitude: -8.78466099501
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84