
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fisterra
Parroquia: Santa María de Fisterra
Lugar: Rúa da Praza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “Crucifixo” situado enriba do friso dunha entrada consistente en dúas columnas cuadrangulares e achafranadas cun lintel ondulado. Sobre o arco está a cornixaonde está a cruz encravada nun pedestal cuadrangular.
A cruz é circular, leñosa con nós, e polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e bendecindo con amba-las mans. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e cun rosario encima dun pedestal que semellan ser ondas de mar. Estes son os restos dun cruceiro tipo, que foi desprazado coas obras no lugar e máis tarde Patrimonio obrigado a ser “restituído” por Patrimonio. Os restos teñen un estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9053801383Lonxitude: -9.26281303167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84