Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Mañón
Parroquia: Bares (Santa María)
Lugar: O Porto de Bares
Outra denominación do ben: Porto fenicio de Bares
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana, Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

Escolleira de bloques esferoidais de diorita cuarcífera postos sen orden nin argamasa. Ten 300 m. de longo, dispostos en catro tramos rectilineos. a súa altura ronda os 7-8 m. Aínda que F. Maciñeira daballe unha orixe fenicia, datandoo no século VII a.C. polo achádego dunhas moedas púnicas, hoxe apuntase mais a un orixe romana desta construcción, relacionada cos numerosos achadegos desta época nos arredores. Outra hipótese e que poida ser medieval, como suxire J.Naveiro, relacionado co establecemento alí, no século XIII, dunha factoría baleeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15044011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Da vila do porto comentan os veciños que ardeu 7 veces. Do Coído coméntase que está oco por dentro, pois un neno pisou a area perto del, e caeu entre as pedras e non se vía, pero oíaselle, e sacarono tirando del.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BASCOY PEREZ, R. 1958. “El Coido de Bares y su muller Mariña”. In: Comarca de Ortegal en el II milenio a.C. Tomo III. Pp. 61-81
MACIÑEIRA, F. 1928. “Nuevos hallazgos arqueológicos en el puerto de Bares. Ortigueira. In: B.R.A.G. Tomo XVII. Pp. 314-318
MACIÑEIRA, F. 1947. “Bares puerto hispánico de la primitiva navegación occidental”. Publicaciones del Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O Coído sufre pequenas modificacións constantes por efecto das mareas e dos temporais mariños. A finais do 2010 un temporal (o Becky) desfixoo en parte, desplazando gran número de bolos graníticos. fixeronse obras de reparación e reconfiguración da súa estructura de decembro a maio do 2011.


Onde está localizado

Latitude: 43.77078392124974
Lonxitude: -7.669315338134766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84