Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira (Santa María)
Lugar: Silván
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro no muro ao pé da estrada de Silván. Consta dunha base cadrada coas arestas rebaixadas. Nunha das caras da base atópamos unha inscrición case ilexible que di o seguinte:
“DEVOCION
ANTº ABAL
Y SU MUGER IGN
MUNIZ
AÑO 1816”

No varal, de forma octogonal, aparecen representados Adán e Eva no Paraiso xunto a unha serpe de grandes dimensións. Na cara oposta as esculturas de dous relixiosos (puideran ser San Ignacio de Loiola na honra de Ignacia Muñiz; debaixo semella ser Santo Antonio de Padua).
O capitel é de tipo xónico, con volutas e caras, que da paso a unha cruz de sección circular coas representacións do Cristo crucificado cun anxo recollendo o seu sangue cun cáliz. No reverso aparece a Virxe con dous anxos na parte superior; aos seus pés, os símbolos da paixón: dobre coroa, corazón, martelo, tres cravos e a xerra do vinagre.

Ao seu carón atópase o peto de ánimas de Silván (http://patrimoniogalego.net/index.php/50608/2013/10/peto-de-animas-de-silvan-2/), os cales fan un fermoso conxunto.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A un dos anxo que aparece coa Virxe lle falta o pé. Segundo me sinala Isaac González García, o teñen gardado os propietarios para cando a ocasión sexa propicia a colocarllo.


Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360280105.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Ed: IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2010). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Meis. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4775175293
Lonxitude: -8.73080760241
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84