Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Gres (Santiago)
Lugar: Gres
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa dunha soa nave, e sancristía acaroada ao muro oeste. Ten pequenas xanelas rectangulares de beirís rebaixados para aproveitar mellor a luz. Os muros son de cachotaría e encalados de branco, agás na fachada que van de perpiaño . O teito esta cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada principal é moi sinxela e de esquema pentagonal. Nela vai a porta alintelada e enriba dela una ventá cadrada para dar luz ao interior. Na parte superior arranca a espadana con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares que acollen ás campás. Está coroada por tres pináculos de bóla, o do medio, en piar de maior altura e con cruz de forxa no cume.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILADECRUCES/documents/1002CA001.pdf ( pax 3 de 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7913028017
Lonxitude: -8.33968520164
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84