Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cee
Parroquia: San Xián de Pereiriña
Lugar: Bermún-Pereiriña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta mámoa atópase parcialmente destruída pola estrada que vai a Muxía, ten un diámetro duns 26 metros e unha altura dun metro e oitenta centímetros. Presenta un gran oco de violación duns 5 metros de diámetro e 1 metro 40 centímetros de profundidade onde podemos ollar un gran esteo de 1,10 metros de alto, (só a parte descuberta), 50 centímetros de ancho pola parte alta e dun metro pola parte que toca co terreo. Semella que lle roubaron a tapa cobertora. Atópase na beira da estrada fronte ó depósito de Gas Butano e está nun estado regular a malo dado o seu abandono e a abundante vexetación de piñeiro, carballos novos e eucaliptos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15023005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-“Atlas arqueolóxico de Galicia, Comarca de Fisterra”. Xunta de Galicia, 2009.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9991860827
Lonxitude: -9.19242113829
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84