Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: Ponte Ambía de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Restos do que foi unha capela en Ponte Ambía de Abaixo, da que apenas quedan unhas pedras na parede norte dunha palleira, na que foi reconvertida no primeiro terzo do século XX.

Utilizando o soar da capela e reaproveitando as pedras, alargando a súa planta, construíuse a palleira que actualmente existe, apreciándose un pequeno tramo onde non foron tocadas as antigas pedras.

No seu interior queda tamén o arranque dun arco, semellante ós que ten a próxima capela prerrománica de Santa Eufemia de Ambía.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na memorias das xentes do lugar queda a referencia de que as pedras do altar enterrounas o cura nun monte próximo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2246165436
Lonxitude: -7.72100687027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84