Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Negreira
Parroquia: Alvite (San Tomé)
Lugar: Pesaduira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Magnífico exemplar de hórreo pertencente ao tipo fisterra, que apoia sobre sete pares de pés. Leva tornarratos circulares coa parte de arriba redondeada, onde van apoiadas laxes en horizontal para facer de linteis na base dos muros da cámara. Esta vai feita con perpiaño de pouco grosor e colocado en ringleiras horizontais. Tellado a dúas augas con tella curva. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade de asentamento das pezas de pedra da cámara. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e tanto estes como a cámara levan sobrepenas para tornar da chuvia. Ten unha porta para acceder ao interior alintelada con grandes pezas de perpiaño irregular. Vai rematado no cume dos penais con cruces de pedra. Ao seu carón hai outro do mesmo estilo, pero un pouco máis pequeno.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9410716324
Lonxitude: -8.87590974569
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84