Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Cee
Parroquia: Toba (Santo Adrián)
Lugar: Igrexario-Toba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Formando parte dun rueiriño; a vivenda principal da reitoral consta dun volume sinxelo de dúas alturas, sen engadidos nin construccións apegadas. Mantén a distribución característica nesta zona na que a vivenda convive co alpendre, co mesmo número de plantas que o resto do volume, mantendo a continuidade do edificio. Carece de calquera elemento salientábel e forma un rectángulo imperfecto cunhas medidas de 12 metros de ancho por 19 metros de longo pola cara Leste e de 21 pola Oeste.
A pedra é o material empregado para os muros, nos que aparecen os perpiaños nas esquinas, linteis e xambas dos vans e no resto cachotería. A cuberta estaba trazada a catro augas con tella do país e tiña unha porta de acceso á vivenda e outra para o alpendre.
Na actualidade atópase en ruínas todo o rueiro; casa-alpendre e outro alpendre máis ó sur, pero sen chegar apegarse coa casa principal, estando situada entre esta e o gran cabazo de trece pares de pés xa fóra do rueiriño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9658796831
Lonxitude: -9.1992688179
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84