
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cervantes
Parroquia: Donís (San Fiz)
Lugar: Robledo/Montes de Robledo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Localizado preto dun sendeiro que sobe ata a Campa do Barreiro, nos Montes de Robledo, parroquia de Donís, a uns 1.100 metros de altitude sobre o nivel do mar. Trátase de, ao menos, 28 coviñas insculpidas nunha rocha lixeiramente inclinada cara a posta do sol, cara o oeste. As medidas das coviñas, algunhas bastante erosionadas, van dende os tres aos sete centímetros de diámetro. Un grupo, situadas no centro do panel, forman un semicírculo. Na parte inferior da pena hai unha pía de forma ovalada que mide 14 centímetros na parte máis longa e 10 centímetros na menor, e cunha prfundidade de 5 centímetros. Dúas coviñas están unidas por un suco, apreciándose outros dous sucos, un duns 14 centímetros de longo. A carón da pena principal hai outra pena que en tempos formou parte desta onde se observan, ao menos, dous pequenos puntos moi erosionados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dado a coñecer o día 25 de agosto de 2013 pola documentalista Pilar Carpente e o historiador Xabier Moure. Comunicado ao Concello de Cervantes e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo xa foi catalogado.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8333981466Lonxitude: -6.91615104675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84