Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Estrada
Parroquia: Oca
Lugar: Castrotión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Citado por Barros Silvelo no ano 1875 e por Filgueira Valverde e García Alén no “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra” do ano 1977. Na actualidade son visibles doce pedrafitas que arrodeaban unha capela destruída a principios do século XX e da que só se conservan os alicerces. Segundo o cardenal Del Hoyo (1607) era coñecida como de Nosa Señora de Quiñóns ou de Castro (sería porque nas inmediacións hai un xacemento castrexo). Hai quen cre que no lugar ou nas proximidades puído existir un mosteiro fundado no século VII por Theodiselo, un discípulo de Froitoso de Braga, no sitio denominado como Castrum Leonis, se ben Hipólito de Sá Bravo o identifica con Castrove, ao sur do val do Salnés, a partires de transcricións antigas como o Castropheon ou Castroveon. Polas partes dianteira e traseira da ermida érguense as doce pedrafitas (seis por cada lado) que sobresaen do chan de entre 0,50 e 0,75 metros; polos laterais non existen restos das pedras xa que o lugar foi totalmente alterado pola construción dun muro e dun colexio. Tampouco podemos determinar se os chantos ocupan o lugar orixinal ou foron reubicados, seis das pedras, máis que tirar a un círculo, semellan formar un aliñamento.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7530928
Lonxitude: -8.3892999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84