Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Rúa Conde de San Román, 26
Outra denominación do ben: Botica de Enrique Eiras
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Farmacia na vila de Pontevedra co mesmo aspecto que tiña na inauguración o 22 de nadal de 1876, tanto no exterior como no interior. A botica conserva na súa fachada, en grandes letras, o nome do seu fundador falecido en febreiro de 1927. Dende entón foron varias as persoas que a rexentaron entre as que se atopan o ex-alcalde de Pontevedra, Augusto García Sánchez, ata finais dos anos trinta; ou o sobriño de Eiras Puig, Antonio Puig Gaite, quen se fai cargo ata abril de 1984. O derradeiro dono, José Luis Domínguez Gómez, decidiu conservar e amosar parte dos medicamentos que se amontoaban no almacén, gasas esterilizadas en frascos de cristal, envases antigos de aspirinas, ampollas o comprimidos seguen gardados celosamente no seus envoltorios orixinais.

No interior, aparte das estanterias de estilo neogótico, con frascos cerámicos orixinais, pódese contemplar unha pintura da época no teito da mesma na que aparece a fachada do edifico. As portas son orixinais e aínda conservans as pechaduras antigas e as chaves de grandes dimensións. Nela aparece tamén unha muller semidesnuda acompañada de anxos e motivos florais e a lenda “Ars cum natura ad salutem conspirans”. Seica foi o propio boticario Enrique Eiras Puig axudado por unha veciña que fixo de modelo, que pintou o mural.

A un lado do mostrador de madeira e mármore que sirve para despachar os medicamentos todavía consérvanse unha báscula antiga en uso e tamén conta cun medidor de estatura.

Sobre o pavimento de madeira, no centro da botica, sitúase unha mesa de mármore e madeira tallada tamén orixinal. Nesta mesa, inda elabóranse actualmente medicamentos destinados na súa maioría a dolencias dermatolóxicas.

No ano 1982 graváronse no seu interior algunhas das escenas da serie televisiva “Los gozos y las sombras”, o años mais tarde para filmar unha curtametraxe sobre Castelao.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FONTOIRA SURÍS, Rafael “Pontevedra Monumental” Excma. Diputación de Pontevedra, Pontevedra 2009. (p. 437)

LIGAZÓNS WEB:
El tiempo se detiene en la botica de Puig
– http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2545/tiempo-detiene-botica-puig/47450.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4324979087
Lonxitude: -8.64386400675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84