
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Pereiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A minúscula capela de San Diego do Pereiro foi unha fundación particular do matrimonio formado por Benito de Loira e María Piñeiro, no ano 1709. Nun principio, a capela adicouse á Virxe de Guadalupe, pero máis tarde trocou a súa advocación pola de San Diogo, que é a que ten actualmente.
Ten pranta rectangular, cunha soa nave, en bo aparello de perpiaño. O teito é de madeira, a dúas augas, e está rematado por unha espadaina contemporánea, en forma de pequena bovediña. Non ten decoración, nin ten máis vans que unha xaneliña lateral, e a portada con arco de medio puntoconformado por cinco grandes dovelas. No século XX, o “petroglifeiro” Pepiño Meixón, un home célebre por encher todas as pedras do concello con labras de todo tipo, gravou numerosos letreiros por todas as paredes.
Dende o pequeno adro, contémplase unha espectacular vista da boca da ría de Marín, ata o arquipélago das Ons.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.35232211254096Lonxitude: -8.689343333244324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2014
No PXOM do Concello de Marín aparece como Capela do Pirelo:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca005.PDF