Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: San Xoán de Río / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: San Xoán de Río
Lugar: San Xoán de Río (Fondo de Vila)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco feita a base de sillería de granito e datada a finais do século XVII. Ten planta de cruz latina, a central máis ancha e alta. No cruceiro leva un gran ciborio octogonal rematado en lucernario. A fachada amosa porta principal rematada con arco de medio punto con arquivoltas e tímpano sen decoración . Enriba da porta leva un van cunha vidreira e máis arriba unha fornela coa imaxe de San Xoán. O campanario arranca, despois dunha pequena cornixa voada, en base cadrada no centro da fachada e está soportada por catro pilastras refundidas con catro ocos rematados en arco de medio punto. Ten unhas pequenas balaustradas na parte baixa e por enriba remata nun edículo, ou segundo corpo, con vans entre pilastras que soportan unha cúpula. Leva como adorno pináculos de bóla nas esquinas e no cume.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3708786726
Lonxitude: -7.29797959328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84