Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Pobra de Trives / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: Sobrado (San Salvador)
Lugar: Barbeirón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O pazo esta situado nunha pequena lomba que fai a agra no lugar de Barbeirón, e a 600 metros do río San Lázaro, que desemboca no Bibei e moi cerca do mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives do século XII.Ten unha boa panorámica da contorna cara o leste. De planta rectangular, dúas alturas e con mansardas que sobresaen do teito. Feito a base de sillares de granito de distinto tamaño e teito a varias augas debido aos engadidos da última planta. Entrada cun pórtico de galería de madeira sobre unha columna e dúas ménsulas que sobresaen dos muros. Ventás enrasadas que se abren en tramos simétricos respecto aos eixes centrais da fachada que van marcados con resalte de fileira vertical dos sillares, tanto no centro coma nas esquinas. Outro elemento a salientar e a gran cheminea coroada de pináculos no parte do tellado que mira ao norte. Hoxe en día está dedicado ao turismo, con aloxamento e restaurante.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/POBRADETRIVES/documents/0537CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3187248284
Lonxitude: -7.23556995392
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84