
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Martul
Lugar: Martul
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:
Orixe románica, con adro-cemiterio arredor. Agás a ábsida, o resto do edificio foi reformado na súa totalidade, construíndose unha nova nave e dúas capelas laterais no século XIX que lle dan forma de cruz latina. Espadana de dous vans e porta alintelada. No interior conserva un retábulo barroco, mutilado na parte central, onde se ven as imaxes de San Roque, San Antonio e o Sagrario. A sancristía acolle as imaxes de San Sebastián e a Virxe do Rosario con dúas pequenas imaxes aos pés.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Próxima á igrexa está a casa reitoral onde se pode ver gravada nunha pedra de granito unha figura que, aínda que nalgún sitio se atribúe ao Neolítico, non iría, en todo caso, máis alá da Idade do Bronce.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.outeiroderei.org/patrimonio.php?secc=igrexas&PHPSESSID=90b3cbab288199625a110de7fa959d21
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0857366651Lonxitude: -7.63721466064
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Estevo says:
Mar 4, 2026
Elemento duplicado: https://patrimoniogalego.net/index.php/121003/2025/12/igrexa-de-san-pedro-de-martul-2