Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Riobó (San Martiño)
Lugar: A Mota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo da Mota é unha edificación con planta en forma de “L” que consta de baixo e unha altura. Construído en cantería a finais do século XVII, a fachada principal destaca pola cantidade de vans alongados que posúe, habendo portas de aire con tornachoivas. Ademais, nun dos lados ten acaroado un celeiro e no outro a capela. No seu interior é moi salientable a bodega, cunha fermosa bóveda de cantería de medio punto. O conxunto complétano un cruceiro, un hórreo de dez claros e diversas construcións adxectivas relacionas con labores agrícolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7390267382Lonxitude: -8.40208868221
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
isaac says:
Nov 28, 2013
Ten un pequeniño erro na localización. Penso que estas son ascoordenadas 42.738944,-8.402086
melarins says:
Nov 28, 2013
Grazas, Isaac. Corrixido. A localización igual foi mal por marcalo punto con pouco zoom, pois vivo ao lado e sei ben onde está 🙂