Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Noia
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: Vilaverde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

A mámoa de Vilaverde 2 presenta o aspecto característico de elevación do terreo de forma redondeada cunha cova no medio, onde irían noutro tempo a cámara feita coas pezas de pedra, e que nos indica que foi escavada e desfeita. Pódese atopar con dificultade á beira da estrada de vai a Vilaverde e a Roo dende estrada AC 543, nun sitio que fai unha zona chan no terreo ao leste do monte San marcos , onde estaba a capela dedicada a este santo. Está no que podería un ser un pequeno grupo de mámoas e que podería ter máis que as dúas que están catalogadas . Está a unha altitude de 170 metros, e non é doada vela porque a penas sobresae do manto de vexetación que a cobre. Quedou moi cerca do trazado do corredor de Noia a Brión. Na foto secundaria podemos ver o plano lidar de pendentes 2009 onde se aprecia a mámoa , está sinalado cunha frecha.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15057011
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
pax 403


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8054768279
Lonxitude: -8.8600230217
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84