Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Arteixo (Santiago)
Lugar: A Penouqueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Este castro chamado A Penouqueira sitúase a unha altura duns 100 metros sobre o nivel do mar. A súa conservación é desastrosa debido ás múltiples alteracións recibidas como a construcción de estradas e sendeiros para unha futura urbanización (co perigo de que as motos e os coches todoterreo e demáis catro rodas fagan das súas pola croa adiante). Percíbese unha croa irregular cunha terraza inferior ben definida e cuns terrapléns dunha altura considerábel e que abarcan, máis ou menos, 3,5 Ha. Polo demais non se perciben estructuras defensivas, parapetos ou foxos e, a pesares de estar moi alterada a zona, ten o seu punto moi interesante para visitar.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.304467697
Lonxitude: -8.49977016449
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84