Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Arteixo (Santiago)
Lugar: Figueiroa-A Pedreira
Outra denominación do ben: Castro da Pedreira
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a uns 85 metros sobre o nivel do mar de configuración ovalada, cáseque circular. Este asentamento está moi deteriorado conservándose menos da súa metade. Consérvase a súa defensa que vai dende a parte oeste ata o norte, un parapeto con muralla de pedra cara ó exterior e que acada uns 3-4 metros cara ó exterior no seu punto alto e polo interior ten puntos que acadan os 3 metros de altura. No resto está practicamente arrasado polas construccións de vivendas e movimentos de terras para labradío. Ten unhas medidas duns 150 metros de NL-SO por uns 140 metros de NO-SL, estás últimas tomadas do mapa do voo americano do ano 1956. Non está escavado e tampouco hai constancia de que se fixeran estudos algunha vez neste asentamento. Semella que hai algún indicio de vivendas no seu interior que aflora entre a vexetación aínda que non se puido confirmar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3123104266
Lonxitude: -8.51592600357
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84