Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Darbo (Santa María)
Lugar: O Seixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Típica construción feiral de planta rectangular e lineal, formado por 19 piares e igual número de linteis, dous muros laterais de perpiaño e na fachada posterior un muro de contención de terras realizado en cachotaría. Todos estes elementos sustentan as “lousas” de pedra que conforman a cuberta. Pegado ao muro posterior sitúase un banco corrido para asento da xente e tamén para instalar todo tipo de mercadorías e produtos que se venden en feiras, festas e romaxes.
Érguese xunto ao templo parroquial delimitando o adro na súa parte sur que á súa vez se corresponde coa zona máis elevada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=21447


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2623702136
Lonxitude: -8.80237698555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84