Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San pedro)
Lugar: Serra de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A casa ten unha data sobre a porta do recibidor que nos indica a data de 1886, aínda que o Pxom do concello de Outes de 2011 ponlle unha data de construción de 1917. De planta rectangular e de dous andares amosa cinco portas, tres que dan a rúa e as outras dúas van nas fachadas occidental e meridional. No segundo andar ten oito, cinco na parede norte, tres das cales se abren a unha balconada corrida e as outras dúas aos balcóns dos extremos, as outras tres van a unha balconada polo lado oeste. Todas presenta arco rebaixado na parte superior e marcos con resalte. Paredes de sillería na fachada que da a rúa mentres que na sur vai de mampostaría e revocada, agás nos marcos de portas e vantanas; os esquinais levan os sillares almofadados. Como elemento destacado podemos sinalar a ornamentación da fachada norte, con formas amendoadas sucesivas que inscriben rombos rodeando os vans na planta superior, menos a central que leva varias molduras e un marco de perfil curvilíneo. Nas portas e ventás inferiores leva casetóns nos laterais e follas dispostas en forma de espiña de peixe nos arcos que se apoian sobre capiteis esquematizados, agas a porta central que vai flanqueda por dous pares de columnas de fuste liso e estreito con capiteis corintios estilizados sostendo unha especie de dobre grilanda no arco.
Balcóns sobre pequenas ménsulas unidas por unha moldura sogueada que percorre todo o longo da fachada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-X
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA010.pdf
(pax 4 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8423923737
Lonxitude: -8.90965461731
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84