Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Outes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este cruceiro estivo ao lado da estrada que vai dende Outes a Valadares e foi esnaquizado por un coche. A día de hoxe podémolo ver rehabilitado, e en moi bo estado, nunha pequena praza no lugar de Outes cerca da igrexa parroquial. O cruceiro levántase sobre plataforma de dous chanzos que está sobre unha pequena base de perpiaños. Reaproveitáronse pezas da antiga para compoñer a nova, e nun dos chanzos que se conservaba, segundo o libro sobre o patrimonio de Outes, líase a inscrición “AÑO DE 1781”. O varal arranca con tramo de sección cadrada con adornos caixeados e logo dun colar da parte superior elévase de sección circular con adornos de acanaladura. Cara a súa metade leva un rebaixe perimetral. A parte de sección circular parece de nova factura, pois o antigo varal estaba practicamente desaparecido. O capitel fórmano dúas coroas de follas superpostas e sobre ela un corpo decorado con volutas nas esquinas e por último unha táboa cadrada de lados curvos con unha pequena flor en cada cara. A cruz é de base octogonal e está rematada por piñóns de formas escamadas superpostas. Leva a imaxe da Virxe duns 70 cm. sobre unha peaña adornada de formas curvas. Leva un rosario sobre o torso e ten as mans en posición de orar. A inauguraciónn do novo cruceiro rehabilitado tivo lugar o 29 de xuño do 2012


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998.
Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 145, descrición e fotos dos restos do cruceiro)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA024.pdf
(pax 2 de 6) onde se fala dos restos do cruceiro

Unha reportaxe da inauguración http://www.youtube.com/watch?v=YsOXwn1MAQg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8508150383
Lonxitude: -8.92803311348
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84