Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Val do Carrio (Santo André)
Lugar: Val
Outra denominación do ben: Pazo dos Castro Piñeiro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo foi fundado no século XVI como un vínculo da Casa de Cercio, aínda que parte da súa fábrica parece posterior. Os materiais empregados para a súa construción céntranse na cachotaría destacando pola súa nave de forma rectangular presidida por unha impoñente torre cuadrangular. Anexa a esta atópase unha escalinata que dirixe á solaina. Destaca a presenza dunha gran cheminea.

Este pazo é un dos máis brasonados da Galicia interior, xa que presenta 7 escudos coas armas dos Castro, Gil, Varela, Gundín, Salgado, Taboada, Deza, Camba e López de Lemos.

O conxunto foi restaurado a finais dos anos 60.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA010.pdf (p. 26)
http://dev.lkm0.org/arquitecturaCivil/pazos/pazo-de-val-do-carrio
http://dezaturismo.com/pazos-lalin/val-do-carrio.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
GÓMEZ BUXÁN, Cesar e RUBIA ALEJOS, Francisco. (2005). Pazos e moradas hidalgas de Deza. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7472012642
Lonxitude: -8.13307195902
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84