Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barro
Parroquia: Perdecanai (Santa María)
Lugar: Triabá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O cruceiro érguese nun pedestal con inscricións sobre tres chanzos, un deles medio enterrado. Posúe varal cuadrangular con resaltes para continuar octogonal coa efixie dunha serpe enrolada. O capitel, con volutas, remátase nunha cruz figurada.
No pedestal pódense ler as seguintes inscricións: PRAVIA AÑO DE 1843, RAMON Y FERMIN (D) ??, e verse os símbolos da paixón: unha escaleira, o martelo e cravos.
O varal está suxeito ao pedestal con cuñas de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo contan, o cruceiro “obrigáronllo facer a un cura da familia Pravia por deixar preñada unha moza o seu irmán”. Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagóu e polo gran sentimento de quen o fixo. Afonso R. CASTELAO, “Cousas”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARRO/documents/0716CA003.pdf
(pax, 9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Ten fendido o capitel
Onde está localizado
Latitude: 42.5427684519Lonxitude: -8.62507715832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360020402.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Barro. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html