
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Chamín (Santaia)
Lugar: Chamín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa románica do século XII que consta dunha nave cuberta con falso teito de madeira e unha ábsida rectangular abovedada cun arco triunfal que a une ca nave e unha sancristía no lado norte. Este arco triunfal que da acceso á ábsida está sostida sobre dúas columnas cos seus correspondentes capiteis vexetais. A nave ten unhas dimensións interiores de 11`30 x 5`75 metros e a capela maior 4`60 x 3`45 metros. O coro é de moderna construcción ós pés da nave e o chan esta composto de boas lousas de pedra.
No exterior ollamos dúas sinxelas portadas laterais alinteladas en cada lateral da nave, conservando tamén os canzorriños e as seteiras, cunha clara diferencia de fabrica nos muros laterais, de mampostería e os testeiros da fachada, a cabeceira e toda a estructura da ábsida construída en sillería. Na parte do testeiro ollamos unha xanela cegada pola instalación do retablo da capela maior e que está formada por un arco de medio punto volteado que descansa sobre dúas columniñas con capiteis vexetais.
Na última gran remodelación da primeira metade do século XX, foi un pouco desacertada en algunhas zonas desta fermosa igrexa como na súa portada principal cuxas arquivoltas e dimensións foron remodelados de forma torpe, reconstruíndoa coas dovelas misturadas que respondían as arquivoltas de, unha con dentes de serra e outra con arquiños sobre baqueta. Tampouco encaixan en altura as columnas da portada coas xambas.
A súa fachada foi toda remodelada tendo unha forma pentagonal e no seu eixo vertical central e de abaixo arriba presenta a portada principal seguido por un van de luz rectangular e rompendo o vértice do pentágono, unha espadana dun só corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre machóns que serven para aloxa-la campá. A espadana está rematada en forma triangular flanqueado por dous pináculos piramidais con bóla e no vértice do cume un acroterio cunha cruz de pedra.
A principios de século XX a igrexa aínda conservaba a fachada orixinal que constaba desta mesma portada seguido por un van de luz formado por unha seteira e unha espadana elevada sobre o costado dereito do muro. Esta espadana moi sinxela era dun só corpo cun arco de medio punto sobre dous piares con moldura que sostiñan dúas campás.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-AGRASAR, Fernando: “La artesa de piedra, Imagen y pensamientos sobre la arquitectura románica de Arteixo”. WWW.AMAGEDITORIAL.COM, Concello de Arteixo, 2013.
-“Arteixo patrimonio románico”. Concello de Arteixo, Depto. composición ETSA Universidade da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2012.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ,X.:”Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña,1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf (pax.44)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2934736292Lonxitude: -8.56600731611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




